recanto de lecturas

Este pretende ser un espazo onde comentar aquelas lecturas que mais saboreamos; aquelas que quedaron no noso recordo; ou daquelas que están impresas nas nosa retina e que nos gustaría perdernos nas súas páxinas ao longo do tempo.


Mostrando entradas con la etiqueta aventuras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta aventuras. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de marzo de 2011

Camiño perigoso

Ánxela Loureiro
Edit merlín. Xerais

Os tempos eran difíciles, e máis para unha adolescente. A protagonista decátase da inxusta realidade ao ver en perigo á súa familia e decide emprender un arriscado percorrido na procura da liberdade dos seus seres queridos. A adversidade, a fatiga, os medos e as doenzas non impiden que siga adiante e se mergulle nunha apaixonante aventura.
Acción, drama, amor e toques humorísticos mestúranse neste relato que achega, á vez, claves
de carácter histórico.
Camiño perigoso resultou finalista do Premio Merlín 2002.

domingo, 16 de enero de 2011

Gordiño recheo

 Este título Gordiño recheo (Ed. Xerme,S.M.), está escrito por Fina Casalderrey.
 Zoel, un neno algo rechoncho, ten unha costela rota e os pés escaiolados, polo que  ten que pasar uns días no hospital, e aproveita para escribir unha especie de diario. Debido aos hábitos  alimentarios, se lle descubre colesterol e hipertensión. Zoel está a ler un libro divertidisimo sobre un neno gordísimo (que lle emprestou un tío endocrino). Éste pretende que cambien sus hábitos alimentarios, pois dende que morreu á nai, o pai e o fillo comen de forma incontrolada. Precisamente o esceso de peso, fíxolle saír da tenda no campamento; momento que aproveitou a bruxa do ollo verde para chuparlle o sangue. Construíron unha cabaña, pero a escada non aguantou o peso.
Esta lectura é moi adaptada para nenos de 9 anos, que nos dá unha mensaxe crítica dos malos hábitos alimentarios.

viernes, 14 de enero de 2011

Palabras de caramelo

Fascinante libro de Gonzalo Moure (Edt. Anaya).Esta é a historia dun neno de oito anos, saharaui que é sordo mudo, por iso pretende entender o que dí  o seu mellor amigo: un camello ao que trata de salvar, camino do deserto soñado.
Esta lectura está recomendada para nenos a partir de 10 anos, e que sexan afeccionados a aventuras e historias que tal vez nunca terminen, o que mais impresiona é a mensaxe tan especial de caramelo.