Este título Gordiño recheo (Ed. Xerme,S.M.), está escrito por Fina Casalderrey.
Zoel, un neno algo rechoncho, ten unha costela rota e os pés escaiolados, polo que ten que pasar uns días no hospital, e aproveita para escribir unha especie de diario. Debido aos hábitos alimentarios, se lle descubre colesterol e hipertensión. Zoel está a ler un libro divertidisimo sobre un neno gordísimo (que lle emprestou un tío endocrino). Éste pretende que cambien sus hábitos alimentarios, pois dende que morreu á nai, o pai e o fillo comen de forma incontrolada. Precisamente o esceso de peso, fíxolle saír da tenda no campamento; momento que aproveitou a bruxa do ollo verde para chuparlle o sangue. Construíron unha cabaña, pero a escada non aguantou o peso.
Esta lectura é moi adaptada para nenos de 9 anos, que nos dá unha mensaxe crítica dos malos hábitos alimentarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario