recanto de lecturas

Este pretende ser un espazo onde comentar aquelas lecturas que mais saboreamos; aquelas que quedaron no noso recordo; ou daquelas que están impresas nas nosa retina e que nos gustaría perdernos nas súas páxinas ao longo do tempo.


miércoles, 9 de marzo de 2011

Ota quere voar

Ánxela Loureiro
Edit. Merlín. Xerais
Infantil 7 anos adiante
Esta é unha fermosa historia que nos fai vivir a sensación dunha gaivota: Ota;desde o seu nacemento ata a súa madurez. Ota descubre que a vida é algo máis que voar polas fermosas paisaxes dos cantís, pois terá que aprender a sobrevivivr e a superar os perigos que se lle presentan.
Un día, engaiolada ante un castelo de area que unhas nenas constrúen na praia, distráese e non pode evitar que a capturen. Terá que vivir arriscadas aventuras antes de recuperar a liberdade e poder regresar ó seu fogar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario